Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta B derrota o Fuenlabrada (1-0) e volve a posto de promoción

O Celta B derrota o Fuenlabrada (1-0) e volve a posto de promoción

Un golazo de Martín Calderón desde fórta da área decidiu o partido

Foto: @RCCelta
G24.gal 07/05/2023 18:45

O Celta B volveu á senda do triunfo cinco xornadas despois, xusto a tempo para volver pisar zona de promoción a tres xornadas de que remate a  competición regular.

Comezou con calma o Celta B, e iso aproveitouno o Fuenlabrada para pisar a área local con certa insistencia, pero sen inquedar a Ruly. A primeira do Celta B tardou en chegar, case un cuarto de hora, e levou a sinatura de Miguel Rodríguez. Entrou desde a dereita para rematar un chisco desviado. E, só uns minutos despois, era Lauti o que tamén remataba fóra.

Á media hora de xogo chegou unha xogada importante: unha contra ben levada polo Celta B, que acababa metendo Lauti na portería. Pero a acción foi anulada por fóra de xogo do dianteiro, que pedía penalti. O gol non subiu ao marcador, pero confirmou que o Celta B, máis dominador, xa se asentara no partido. Malia isto, a primeira metade acabou cun ataque do Fuenlabrada que Ruly tivo que enviar a córner.

O Celta B intensificou o dominio na continuación, e o marcador acabou por abrir cun auténtico golazo de Martín Calderón. Un lanzamento impresionante desde fóra da área no minuto 58. O filial aproveitou o atordamento do rival tras o gol e puido acadar algún máis, especialmente nos remates de Miguel e Carrique, que topou co porteiro Craninx. Outra ocasión de Medrano tamén estivo a piques de subir ao marcador. A dez minutos da conclusión, Miguel tivo outra clara ocasión, que tamén topou co porteiro rival.

Non chegou ese segundo gol, pero o filial vigués acabou o partido insistindo na área rival, o cal deixou sen opcións de empate o Fuenlabrada. O triunfo devolve o Celta B á zona de promoción á falta das tres últimas xornadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos