O Celta B continúa en estado de graza e golea en Barreiro
Gañáronlle 3-0 o Raio Maxadahonda e sitúanse terceiros de xeito provisorio
Terceiro triunfo consecutivo, dez goles a favor e terceiro posto na táboa clasificatoria. Os de Onésino comezaron 2022 de xeito espectacular con Gabri Veiga e Miguel Rodríguez como líderes naturais deste grupo de rapaces que apuntan alto.
Rexeita Nereo e marca Gabri, 1-0. Inicia desde a banda dereita Javi Castro. Controla Miguel Rodríguez e logo do caneo dentro da área resolve con algo de fortuna porque a pelota peta en Cristian Pérez. 2-0.
Terceiro do Celta B. Repite Gabri Veiga. A primeira non, a segunda si consegue bater a Nereo. Co partido resolto Miguel Rodríguez atreveuse con esta vaselina desde lonxe...aplausos para o xuveníl no momento do seu troco.
Detalle dun futbolista diferencial, Jordan Holsgroove... o tiro do escocés lambe o traveseiro. E Pampín, o capitán, case marca cun soberbio lanzamento de falta.
Rubén Sánchez no intre anterior o asubío final do colexiado deixaba o partido no 3 a 1 definitivo.