Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B colle aire e celebra o primeiro triunfo como local (3-1)

O Celta B colle aire e celebra o primeiro triunfo como local (3-1)

Derrotou o Raio Majadahonda cos goles de Durán, Carlos Domínguez e Miguel

G24.gal 20/11/2022 14:08

En Balaídos, o Celta B amosounos o importante que é facer os deberes, que nisto do fútbol vén a ser estudar o rival. Porque se o Raio Majadahonda soubese da potencia de pegada do porteiro Christian defendería a acción do primeiro gol doutra maneira. A pegada de Chrtistian sorprendeunos e Pablo Durán tirou proveito.

Na segunda parte o Celta seguiu a insistir na procura de máis goles. E aínda que o Raio Majadahonda chegou a empatar por medio de Ofoli Guaye, o Celta B pasoulle por riba grazas á súa fame, materializada nunha incisiva presión e unha enorme velocidade.  

Carlos Domínguez marcaba o segundo galego aos 62 minutos. E apenas tres minutos despois un roubo de Pablo Durán arrancou cun ataque meteórico conducido polos Hugo (Ávarez e Sotelo) e remachado por Miguel. O resultado: 3-1. Primeira vitoria da temporada do Celta B na casa, que lle dá aire na clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos