Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta asina a mellor primeira volta a domicilio da súa historia en Primeira

O Celta asina a mellor primeira volta a domicilio da súa historia en Primeira

Os de Giráldez suman 29 puntos nas primeiras 19 xornadas, unha cifra que o Celta non asinaba desde o curso 2015-16

Foto Celta
G24.gal 13/01/2026 15:41 Última actualización 13/01/2026 15:54

Coa súa vitoria onte á noite ante o Sevilla (0-1) no Sánchez Pizjuán, o Celta de Claudio Giráldez asinou a mellor primeira volta a domicilio na historia do club en Primeira División. O equipo celeste alcanzou o ecuador do curso ligueiro sumando 18 puntos nos nove encontros que disputou lonxe de Balaídos, unha cifra que lle permite superar os 17 que lograra no campionato 2015-16 baixo a dirección do arxentino Eduardo ‘TotoBerizzo.

Ademais, o Celta logrou, á conclusión da primeira volta, a sétima mellor puntuación do club na máxima categoría desde que as vitorias valen tres puntos.

Os de Giráldez suman 29 puntos nas primeiras 19 xornadas, unha cifra que o Celta non asinaba desde o curso 2015-16 cando alcanzou o ecuador con 31 puntos, un máis que o que conseguira na tempada 2005-06. O mellor rexistro data do campionato 1998-99 con 34 puntos, dous máis que conseguiunos na campaña 2001-02 e tres que nos cursos 1997-98 e 2015-16

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade