Óscar Rodríguez, un canón coa perna dereita para o Celta
Óscar chega do Sevilla e ocupa o oco que deixa no equipo a marcha de Brais Méndez
Unai Núñez, o favorito para reemplazar a Araújo
O xogador da Real Sociedade Lobete tamén está moi preto de chegar a un acordo
Para suplir a Brais Mendez chegará Oscar Rodriguez a Balaídos. Óscar pertence ao Sevilla e antes estivo no Leganés. Puido fichar polo Celta en inverno.
Ten un excelente golpeo de balón e viría ao Celta en calidade de cedido polo Sevilla, cunha opción de compra duns nove millóns de euros. Óscar (24 anos) formouse na canteira do Real Madrid. Con 19 anos foi un dos xogadores máis destacados na Segunda B (compartía grupo cos equipos galegos) e asinou no Leganés, co que realizou dúas grandes temporadas (13 goles en total).
Lobete e Unai Núñez
Outras dúas operacións que están na recta final son as de Lobete e Unai Núñez. O dianteiro da Real Sociedade xa visitou as instalacións de Afouteza e semella cuestión de tempo que o Celta anuncie a súa fichaxe.
Tamén está moi preto o acordo co central do Athlétic Unai Núñez. A marcha de Araújo fai imprescindible a incorporación dun ou dous xogadores para esa demarcación e o que ten todas as papeletas é este central de 25 anos que desenvolveu toda a súa carreira en Bilbao.