Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esgotadas as localidades para animar o Celta no decisivo partido contra o Barcelona

Esgotadas as localidades para animar o Celta no decisivo partido contra o Barcelona

A demanda de entradas para a nova bancada de Marcador, cun prezo de 5 euros, foi moi alta

G24.gal 31/05/2023 14:00 Última actualización 31/05/2023 21:05

Desde antes das catro da tarde xa había longas ringleiras de afeccionados nos exteriores de Balaídos. As entradas tiñan un prezo de 5 euros e eran só para socios. A demanda superou todas as previsións e nunhas horas esgotouse o papel que estaba á venda. O club mesmo quixo pedir desculpas "polas incidencias técnicas xeradas diante de tal demanda". 

O Celta anunciaba con este comunicado a apertura da nova bancada de Marcador para o partido ante o Barcelona:

"LaLiga e os operadores asignados completaron esta mañá as probas e instalacións necesarias para a apertura da nova bancada de Abanca Balaídos. Pola súa banda, o Concello de Vigo facilitoulle ao R. C. Celta nas últimas horas un permiso temporal para o seu uso dende a tarde do venres ata as 8:00 horas do próximo luns, polo que dende esta tarde ás 16:00 horas os abonados celestes poderán adquirir dúas entradas ao prezo de 5 euros cada unha para o vital partido do domingo ante o F. C. Barcelona.

As localidades de todo o estadio, incluídas as da nova bancada, venderanse, tanto en liña en como nos despachos de billetes do estadio, durante tres días (mércores tarde, xoves e venres) exclusivamente aos abonados celestes ao prezo de 5 euros cada unha.
Cada aboado poderá adquirir un máximo de dous billetes ata a tarde do día 2 de xuño".

Nas últimas horas déronse a coñecer convocatorias para o recibimento ao equipo o domingo ás 19.15 horas e tamén para animar ao equipo no seu último adestramento antes desta cita, o sábado ás 11.00 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar