O Centro Dramático Galego estrea este xoves en Santiago a súa nova produción: 'As oito da tarde, cando morren as nais"
O Centro Dramático Galego estrea este xoves en Santiago a súa nova produción: 'As oito da tarde, cando morren as nais"
Dirixida por Marta Pazos leva a escena o texto de Avelina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018
Tras a estrea en Santiago xirará por varios concellos galegos e tamén por Portugal
O Centro Dramático Galego estrea este xoves en Santiago a súa nova produción titulada 'As oito da tarde, cando morren as nais'.
Está dirixida por Marta Pazos e baseada no texto de Avelina Pérez, galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro no 2018. A obra propón ao espectador un xogo do teatro dentro do teatro cunha escenografía que reproduce o patio de butacas e o propio escenario.
O espectáculo estará en cartel no Salón Teatro ata o un de maio e logo iniciará unha xira que inclúe ps concellos galegos de Cee, Catoira, Cedeira e A Estrada. Tamén as localidades portuguesas de Beja e Coímbra.