Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas fortalece a posición de pivote co experimentado Javi García

O Cangas fortalece a posición de pivote co experimentado Javi García

Chega do Cidade de Logroño e xogou na Asobal 180 partidos

G24.gal 13/08/2025 20:38

Foi presentada a nova fichaxe do Cangas Frigoríficos do Morrazo. O leonés Javi García. Trátase dun pivote de 29 anos, procedente do Cidade de Logroño. Ocupará o lugar do exipcio Sheriff. Acumula cento oitenta partidos en Asobal. Na última campaña marcou oitenta e dous goles, cunha media de 2,9 por partido. Toda unha garantía para un posto fundamental no equipo tanto en defensa como en ataque.

Javi García coñece ben o Gatañal e sabe como se vive o balonmán en Cangas. De feito, o ambiente que hai no Morrazo foi un dos factores fundamentais para a súa elección de equipo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos