Publicador de contidos

Publicador de contidos

O campamento romano Aquis Querquennis de Bande está máis visible pola seca

O campamento romano Aquis Querquennis de Bande está máis visible pola seca

É un dos campamentos máis grandes e mellor conservados da península

Estres días os visitantes aproveitan a baixada do encoro para visirar co campamento romano
G24.gal 11/08/2022 22:23

Co encoro das Conchas á metade da súa capacidade o campamento militar romano Aquis Querquenis está completamente visible e é que no inverno adoita estar cuberto pola auga.

Por iso, estes días son moitos os visitantes de toda Galicia e tamén de fóra que se achegan ata Porto Quintela en Bande, para coñecer un dos xacementos romanos mellor conservados da Península Ibérica. 

Ademais os turistas combinan a visita ao xacemento arqueolóxico cun baño nas termas.

Hai dúas semanas o equipo de arqueólogos retomou as escavacións para descubrir a cuarta das portas que daban acceso a este campamento romano. Estarán traballando ata finais de outubro. 

Habitado polos romanos entre finais do século II e o século I durante a construción da Vía Nova, é unha xoia arqueolóxica e un dos campamentos romanos máis grandes e mellor conservados de Galicia e tamén de toda a península.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar