O Camiño é tamén unha experiencia gastronómica para os peregrinos
Polbo, terneira galega ou empanada son os produtos máis demandados
O Camiño de Santiago é unha experiencia en moitos sentidos: espiritual, de instrospección, de amizade , de contacto coa natureza, coa arte, pero tamén é unha experiencia culinaria.
Os peregrinos, que preparan a fondo a viaxe, sábeno ben.
Entran en terras galegas cunha lista en mente de viandas que saben que non poden perder.
O máis demandado: a carne galega, a empanada ou polbo.
Coa comida que hai aquí en Galicia todo é moito máis fácil, di un peregrino.
Carlos Fontal, un hostaleiro de Sarria di que os peregrinos quedan sorprendidos co abundantes que son as racións.
Os peregrinos infórmanse, os que xa fixeron o Camiño cóntanllelo aos seus amigos e, así, moitos xa chegan para pedir viandas a tiro fixo.
Unha hostaleira de Sarria conta que chegaron uns clientes preguntaron directamente polo chuletón de tenreira galega.
A comida é unha parte importante da viaxe.
Para desfrutar e para recobrar forzas para a camiñada.
As opcións son moitas. De carta, de menú peregrino, de prato do día ou de tapeo porque, e iso sabémolo ben os galegos, como na nosa terra non se come en ningún sitio.