Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os peregrinos gastan entre 40 e 60 euros diarios e revitalizan moitos concellos do Camiño

Os peregrinos gastan entre 40 e 60 euros diarios e revitalizan moitos concellos do Camiño

En concellos como o de Portomarín moitos negocios dependen nun 80 por cento dos ingresos que deixa o Camiño de Santiago

O ano pasado chegaron a Compostela preto de medio millón de peregrinos

G24.gal 30/03/2026 14:42

O Camiño de Santiago confírmase como un dos maiores impulsos económicos da nosa comunidade. O ano pasado foron 531.000 os peregrinos que chegaron a Compostela, cuns gastos diarios que oscilan entre os 40 e os 60 euros por persoa.

Segundo os estudos da USC, o gasto dun peregrino é o equivalente ao que realizan 2,3 turistas convencionais. Peregrinos que chegan doutros puntos de España, Alemaña, Corea do Sur ou os Estados Unidos e que revitalizan a economía de concellos como o de Portomarín, onde varios negocios dependen un 80 por cento ao ano nas súas contas deste tipo de turista. Chegan a ter días en que son máis os de fóra que os locais...

Notan a Semana Santa

Uns negocios que notan, e moito, a chegada de datas como as da Semana Santa. Nestes días resulta xa complicado coller praza nos albergues máis ala do mediodía. Uns negocios que ven a chegada do camiñante como un impulso ás contas anuais.

Entre os peregrinos a idea é clara: non existe mellor plan que facer o Camiño de Santiago. Os servizos atópanse nun bo estado, a experiencia queda para toda a vida e ademais, os gastos non son tan elevados...

Neste 2026 nótase tamén que nos atopamos ás portas do Xacobeo 2027. Os propietarios dos albergues e os comerciantes do Camiño esperan que sexa un ano historico para o turismo de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade