Publicador de contidos

Publicador de contidos

O calendario de vacinas, repleto de citas neste mes de decembro

O calendario de vacinas, repleto de citas neste mes de decembro

 130.000 nenos de 5 e 11 anos serán os seguintes en inmunizarse contra a covid

 A partir do 19, ábrese a dose de reforzo aos menores de 60 anos

G24.gal 03/12/2021 12:55

Cun 93,6 por cento da poboación diana vacinada, Galicia apóiase no pulo das doses de reforzo para resistir o golpe desta sexta onda. 

Os nenos de entre 5 e 11 anos serán os seguintes en inmunizarse contra a covid. Agárdase que sexa a partir do día 14 en que comecen a recibir a primeira dose de Pfizer; primeiro os cativos que teñen problemas previos de saúde, para continuar despois de maior a menor.

O grupo dos menores de 11 é agora mesmo o que ten a incidencia máis alta, sobrepasando os 467 puntos en Galicia, o dobre da media.

Hoxe mesmo comezaron a revacinarse os sanitarios. O persoal de centros médicos, hospitais, tamén os dos servizos de emerxencias, os que traballan coidándoos deben agora reforzar as súas defensas. 

435.000 galegos de entre 60 e 69 reciben desde o mércores pasado o reforzo de ARN. Deben estar listos antes do Nadal.

E a partir do 19, tamén se incorporan os menores de 60 para a terceira dose. Primeiro serán os de entre 60 e 40 anos. Pero todo indica que esa dose de reforzo se estenderá en Europa á poboación maior de 18. Unha das razóns máis poderosas son as taxas de hospitalización, que diminúen drasticamente entre a poboación vacinada. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade