O cómico Joaquín Reyes trae o seu humor a Galicia
O cómico Joaquín Reyes trae o seu humor a Galicia
Presenta en Galicia o seu novo espectáculo 'Festejen la broma', a súa volta ao monólogo
Está en Santiago de Compostela, en Vigo e na Coruña.
Joaquín Reyes presenta un novo espectáculo de humor e para iso preparou unha chea de brincadeiras para todos. Segundo el mesmo afirma "para o querido público e tamén para algún despistado que se meta no teatro buscando humor intelixente".
'Festejen la broma' supón unha volta ao monólogo, xénero co que comezou na comedia o actor, cómico e escritor albaceteño fundador dos programas de humor 'La hora chanante' ou 'Muchachada nui'. Tamén asegura que é unha volta necesaria ao humor, despois de tanto tempo suspendido pola pandemia.
Contounos que se entende moi ben co público galego tanto nos teatros como a nivel persoal. Nesta xira en Galicia ten tempo de comprobalo xa que durante toda a fin de semana está en Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.