Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Burela perde en Palma e continúa afundido

O Burela perde en Palma e continúa afundido

É o pechacancelas da LNFS logo de perder por 2-0 e sumar un só punto en oito xornadas

G24.gal 26/11/2021 21:50

Nova derrota dun Burela Pescados Rubén cada vez máis afundido nestas primeiras xornadas da LNFS. Perdeu por 2-0 na pista do Palma que, sen facer un partido brillante, estivo moito máis efectivo que o cadro da Mariña. 

Bo primeiro tempo do Burela pero coa mesma historia de todas as xornadas. Perdoa as ocasións e acaba recibindo un gol, o marcado por Eloy Rojas (m. 13). 

Na segunda metade tamén o tentaron os xogadores de Alberto Riquer pero os problemas diante da porta contraria estanos a condicionar moito. O Palma defendeu a vantaxe e sentenciou a falta de tres minutos co gol de Pope. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade