O Bribón 500 e o Momo, primeiros líderes no Xacobeo 6mR Worlds
O Bribón comeza a defensa do seu título mundial cun triunfo en Clásicos
O Momo asina un primeiro e un segundo posto na categoría Open
Estrea en Sanxenxo do mundial de embarcacións de seis metros, con dominio do Bribón 500 en Clásicos e do Momo na categoría Open. Moi boas condicións de vento na ría de Pontevedra, vento do suroeste de entre 12 e 14 nós, a frota puido completar as dúas roldas previstas fronte a Sanxenxo.
O “Bribón 500” comezou a defensa do título mundial da clase 6 m cun triunfo na segunda rolda da primeira xornada que lle permite liderar a clasificación por diante do Essentia de Catalin Trandafir, que gañara a primeira volta.
Na categoría Open, o barco suízo Momo, de Dieter Schoen, tivo a estrea soñada cunha vitoria na primeira rolda e un segundo posto na segunda.