Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán visita ao Joventut (21h) coa vista posta na parte alta

O Breogán visita ao Joventut (21h) coa vista posta na parte alta

Será o primeiro dun dobre compromiso en 48 horas, que traerá ao Baskonia ao Pazo o luns

G24.gal 27/12/2025 13:54

A ACB agasallou o Breogán cunha dobre xornada para definir obxectivos. Esta noite visitan o Joventut no Olimpic e o luns chega a Lugo o Baskonia. Do que pase neses partidos vai depender o futuro inmediato do equipo, a clasificación para a Copa semella posible mais Luis Casimiro non quere especular nin botar contas: "Igualdade moi grande na zona media. Erro mirar máis aló do seguinte partido. Gustaríame que pensasemos en xogar ben: boa defensa, sólidos no rebote e tomar boas decisións", indicou o técnico na previa.

As opcións de vitoria poden psar polo lanzamento de tres, unha das fortalezas ofensivas do Breogán. Os lugueses son o cuarto equipo da liga en triplas anotadas e en porcentaxe de acerto dende máis aló da liña. Pero o Joventut é un dos equipos que mellor defende as xogadas dende o perímetro. Os verdibrancos son moito máis que Ricky Rubio e Ante Tomic: "Equipo con moito equilibrio, por iso están aí arriba", recoñece Casimiro.

E outro dato a ter en conta: Keandre Cook leva 41 tiros libres consecutivos sen erro, os dous últimos, os que supuxeron a vitoria a xornada pasada ante o Bilbao Basket.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade