O Breogán soña con Europa, e o Leyma aférrase á permanencia antes da xornada ACB
Os lucenses buscan fronte ao líder un triunfo que lles permitiría soñar con Europa (Mañá, 18:30h)
Os coruñeses buscan unha vitoria en Bilbao que os deixaría a dous partidos da permanencia (Mañá, 12:30h)
Chega a Lugo o Real Madrid de Musa. Chega un equipo que fracasou en Europa pero que en liga no atopa rival. Leva 18 vitorias seguidas e se gaña en Lugo asegurará matemáticamente o primeiro posto. Pero a veces non é un equipo feliz, como demostou o agre enfrontamento entra Campazzo e Fernando da pasada semana. O Breogán, tralo partidazo en Manresa, quere seguir alimentando as súas opcións europeas.
Tamén de subidón está o Leyma tras o triunfo fronte ao Barcelona. Sen case descanso afronta mañá domingo unha final. As súas remotas opcións de permanencia pasan por un triunfo en Bilbao.
Un éxito mañá deixaría a permanencia a dous triunfos. Recuperar os 21 puntos de average cedidos na primeira volta semella xa unha quimera.