Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán reacciona pero acaba sufrindo unha dolorosa derrota (78-79)

O Breogán reacciona pero acaba sufrindo unha dolorosa derrota (78-79)

O Tenerife chegou a ter once puntos no último cuarto (60-71) pero o equipo galego remontou e púxose por diante a trinta segundos do final (78-77)

Hilliard fallou o lanzamento que podía dar a vitoria no último segundo

G24.gal 07/11/2024 21:35

O Breogán reaccionou despois da contundente derrota en Zaragoza pero acabou perdendo o partido que tiña adiando contra o La Laguna Tenerife por un cruel 78-79 ao errar un lanzamento para gañar o partido no último segundo. 

Reiniciouse o partido co empate a 23 e con oito minutos por xogar do segundo cuarto. A primeira pelexa ata o descanso foi igualada. O Breogán atinou nas triplas e o La Laguna Tenerife levou a iniciativa e marchou un punto por riba (36-37). 

O encontro mantívose igualado (46-46) ata que os canarios encadearon un parcial de 0-6 con dúas triplas seguidas. Esa vantaxe custoulle moito enxugala a Breogán. No final do terceiro cuarto o marcador era de 56-63 e a diferenza medrou ata os doce puntos no derradeiro (56-68) co acerto de Fitipaldo e Doonerkamp.

A resposta do Breogán estivo liderada por Moore nun último intento por meterse no encontro (69-71) cun parcial de 9-0. Unha tripla de Aranitovic a 1:30 para o final igualaba o partido (74-74). Os lucenses mesmo chegaron a poñerse por diante grazas a unha canastra de Sakho (78-77) pero o Tenerife conseguiu responder dun xeito moi rápido (78-79). Quedaba unha última xogada, na que Hilliard buscou unha tripla que non entrou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade