Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán perde no primeiro amigable diante do Porto (71-75)

O Breogán perde no primeiro amigable diante do Porto (71-75)

O equipo de Mrsic dominou ata o último cuarto, en que encaixou un parcial de 27-17

G24.gal 30/08/2023 21:51

O Breogán xogou diante do Porto o primeiro amigable da pretemporada. Un partido en que comezaron a coller minutos as novas fichaxes do equipo breoganista. Algún como Martynas Sajus (13 puntos) amosou boas maneiras, ao igual que Jogela (11 puntos). 

Foi un encontro igualado, con pouco ritmo. Ao descanso o resultado era de 32-31 e no terceiro cuarto dominaba o equipo galego por 54-48. O partido decidiuse no último cuarto no que Fayne e Melvin estiveron imparables. Entre os dous americanos do Porto anotaron 21 dos 27 puntos do seu equipo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade