Cargando resultados...
O Breogán non pode facer nada ante o líder da ACB
O Tenerife levou a vitoria do Pazo por 25 puntos de diferenza (61-86)
Foto: EFE
G24.gal
26/11/2022 22:33
O líder da Liga ACB pasou coma un furacán por Lugo. O Tenerife non lle deu opción ao Río Breogán, ao que derrotou por 25 puntos de diferenza. E iso que o ambiente era o das grandes ocasións en Lugo, cun cheo no Pazo dos deportes.
O Tenerife logrou un 9-24 de saída e mantivo unha vantaxe sempre clara. O máis que fixo o Breogán foi colocarse a oito puntos durante o segundo cuarto. O encontro quedou xa decidido á volta do descanso. O pivote Etan Happ, con 14 puntos, foi un dos poucos que se salvou dos celestes.
É a terceira derrota seguida do Río Breogán en liga, e o seu adestrador Mrsic non quixo poñer escusas despois do partido.