O Breogán non atopa o xeito de parar a Webb e Taylor e cae en Murcia
Perdeu na pista do UCAM por 91-72 nun partido igualado na primeira parte e que se rachou no segundo tempo
Entre os dous xogadores do equipo local anotaron 53 puntos
O Breogán perdeu o terceiro partido consecutivo e ve como se afastan as opcións de xogar o play off polo título. Contra o UCAM Murcia xogou unha primeira metade igualada, pero na segunda o equipo de Sito Alonso rachou o partido (91-72).
📊 ¡Estadísticas FINALES del @UCAMMurcia 🆚 Río @CBBreogan!
— Liga Endesa (@ACBCOM) March 23, 2022
3⃣1⃣ Isaiah Taylor
2⃣6⃣ James Webb III
1⃣9⃣ Dzanan Musa
1⃣6⃣ Thad McFadden
1⃣5⃣ Rasid Mahalbasic#LigaEndesa pic.twitter.com/eiZfuqGj4d
Bo inicio dos breoganistas, que chegaron a ter seis puntos no primeiro cuarto (9-15). No UCAM comezou a aparecer Taylor, un dos xogadores determinantes, e con once puntos equilibrou o partido (18-20). Outra boa saída de Breogán no segundo cuarto cun gran Mahalbasic permitiulle irse de sete (18-25), pero un parcial de 12-2 fixo que murcia collera o mando do partido. Ao descanso acadou a súa meirande diferenza do primeiro tempo (42-35).

Oito puntos seguidos de Webb no terceiro cuarto racharon o partido (50-35). A diferenza chegou a ser de vinte puntos (69-49) máis o Breogán tivo unha gran reacción. Entre o final do terceiro e o inicio do último períodos fixo un 0-12 que lle permitiu soñar coa remontada.
Remou ata poñerse a sete puntos (73-66) pero aí rematou a resistencia. Un 9-0 de UCAM sentenciou o partido que acabou gañando por 19 puntos (91-72). Taylor foise ata os 28 puntos e Webb anotou 25. No Breogán Musa (21) e Mahalbasic (17) estiveron nos seus números pero con pouca axuda do resto de compañeiros.