Cargando resultados...
O Breogán inicia a Liga ACB esta noite (21h) en Lleida
G24.gal
04/10/2025 13:27
O Río Breogán saca os puños para loitar unha temporada máis na ACB. Igual que nas catro campañas anteriores na elite, tiveron que reinventarse. O principal cambio atopámolo no xogo interior, coa incorporación de Brankovic, un pivote de 2,17. "Podes xogar doutra forma, tapa moitos espazos", indica Erik Quintela.
Chegaron seis reforzos, seis xogadores que aumentan a rotación pero que teñen que acoplarse, adaptarse ao estilo de Luis Casimiro. A pretemporada axudou a que se vaian coñecendo entre eles.
O importante comeza esta noite, en Lleida. O Río Breogán empeza outra temporada ilusionante, outra temporada para gozar da elite.