Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán fai historia coa súa primeira vitoria europea (68-48)

O Breogán fai historia coa súa primeira vitoria europea (68-48)

O equipo galego estreouse dun xeito brillante na Basketball Champions League fronte ao Bursaspor turco

O lituano Jogela foi o máximo anotador con 17 puntos

G24.gal 18/10/2023 22:14

O Breogán estreouse en grande na Basketball Champions League. Gañoulle por 68-48 ao Bursaspor turco nun partido que dominou durante os corenta minutos e que rompeu nos últimos cinco. 

A única vantaxe visitante foi o 6-8. A partir dese intre comezou o dominio dun Breogán que rematou o primeiro cuarto con seis puntos de vantaxe (23-17). Para a historia queda a primeira canastra anotada por un lucense como Sergi Quintela. 

O segundo cuarto foi o dos desacertos. O equipo visitante non vía a canastra e estivo seis minutos sen anotar. Iso aproveitouno o Breogán para coller unha máxima vantaxe de trece puntos no descanso (33-20). 

Reaccionaron os visitantes no terceiro cuarto cun Floyd inspirado (41-34), pero o Breogán aguantou ese momento malo e cunha canastra de Jogela no último segundo mantiña oito puntos de marxe (45-37). 

Foi Jogela o que rompeu o partido no último cuarto con sete puntos case seguidos. O Breogán turrou ata os quince de vantaxe (54-39). O Bursaspor fixo unha tentativa á desesperada (54-46) pero ata aí lle chegou o aguante. Nos últimos minutos o Breogán logrou un 14-2 para acabar con vinte puntos de diferenza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos