Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán estréase esta temporada no Pazo diante do Valencia

O Breogán estréase esta temporada no Pazo diante do Valencia

O partido dispútase mañá ás 17:00 h

G24.gal 11/10/2025 18:28

O Pazo dos Deportes prepárase para retomar a liga. Apenas quedará un oco libre para a estrea da temporada na casa, ante o flamante Valencia Basket. Será a primeira vez que Russell, Cook ou Brankovic coñezan o poder do fogar de Breogán.

Luis Casimiro cre que "non o van entender ata que o vivan".

Non só para as novas fichaxes, senón para todo o equipo dirixiu a súa mensase Luis Casimiro. Tras a derrota da primeira xornada en Lleida, busca un cambio de actitude no equipo. "Demostrar que foi un día malo, porque pretemporada foi boa. Pero hai que falar na pista".

A motivación será extra polo escenario e o rival. O Valecia Basket chega no seu mellor momento, subcampión de liga e campión da Supercopa. Dos útimos seis partidos do trofeo, a Euroglia e a liga só perdeu o último do torneo continental ante o Barcelona. 

Será tamén o duelo de adestradores con máis experiencia na liga, Luis Casimiro e Pedro Martínez. Mañá ás cinco, entra en xogo o Pazo do Breogán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade