O Breogán céntrase na liga coa obriga de derrotar un Joventut con baixas
Sergi García tivo os seus primeiros minutos no encontro de Bonn do pasado mércores e Anthony Polite xa estará dispoñible
O obxectivo principal do en toda a súa extensión esta tempada é a permanencia na liga Endesa, sen dúbida a competición doméstica de máis nivel do vello continente.
O club -xogadores, corpo técnico e directiva- así o levan afirmando desde o inicio de curso. O encontro deste sábado ante o Joventut, aínda estando no mes de novembro, ten o sinal de final para o Breogán.
O cadro celeste só conseguiu un triunfo nos oito partidos que disputou -Selecta e Palencia comparte o mesmo bagaxe-.
A necesidade de vitoria é perentoria, pois, por un dobre fundamento: romper a serie de seis derrotas na liga e devolver a confianza a todos os estamentos do club. Mrsic apela á forza do grupo
"Podemos perder pero non ter medo, temos que xogar con moita máis personalidade"
A boa noticia para o Breogán é a incorporación de xogadores tras o inferno de inconvenientes que arrasou ao club celeste neste inicio de tempada. Sergi García tivo os seus primeiros minutos no encontro de Bonn do pasado mércores e Anthony Polite xa estará dispoñible mañá tras 41 días no dique seco por lesión.
Mrsic: "Polite aínda non adestrou. Esperamos que nos dea mañá unha rotación. Esperamos que hoxe sexa o seu primeiro adestramento".
Conner Frankamp, ausente de Lugo desde o día 3 deste mes por problemas persoais, chegará a Lugo pero non xogará ante a Penya mañá.