Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán cede ante Baskonia nun espectacular partido (100-103)

O Breogán cede ante Baskonia nun espectacular partido (100-103)

Deandre Cook errou unha tripla que podería levar o partido á prórroga

Partido xogado a moitas posesións onde os ataques impuxéronse ás defensas

O Breogán di adeus ás súas opcións de xogar a Copa do Rei

@EFE @EFE
G24.gal 29/12/2025 22:35

O Breogán non puido co Baskonia  e caeu derrotado 100–103 nun trepidante partido disputado no pazo universitario dos deportes onde o desacerto nos últimos tres minutos e un par de controvertidas decisións arbitrais deixaron os de Lugo coa mel nos beizos.

Tal e como se prevía o partido estivo marcado polo alto ritmo que se disputou con dous equipos que apostaron polas rotacións constantes dos seus xogadores e as rápidas accións ofensivas. O primeiro cuarto foi dominado polos lucenses cun Francis Alonso estelar na anotación. Un parcial de 0–8 de saída no inicio do segundo período puxo por diante o Baskonia. A entrada en pista dunha segunda unidade vitoriana formada por xente como Markus Howard ou Luwawu Cabarrot facilitou a anotación do cadro vasco pero os lucenses non perdían a cara ó partido.

O choque decidiriase no último cuarto. Casimiro mantivo o seu mellor xogador Francis Alonso no banco pese a que os vitorianos recuperaron o mando do electrónico (93-96). Continuou confiando na dupla Cook-Russell, e o segundo igualou cunha tripla. O choque estaba condenado a resolverse cunha xenialidade, e foi Timothé Luwawu-Cabarrot desde a liña de tres puntos despois dun rebote ofensivo do letón Rodions Kurucs. Casimiro pediu tempo morto. Cook anotou rápido pero Baskonia xa non deixou escapar un triunfo de ouro.

Con este marcador o Breogán di practicamente adeus as súas opcións de xogar a Copa do Rei namentres que o equipo baskonista pon pé e medio no torneo que se disputará en Valencia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar