Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán cae en Gran Canaria (77-66) e perde o paso do oitavo posto

O Breogán cae en Gran Canaria (77-66) e perde o paso do oitavo posto

Os de Mrsic remataron por diante o primeiro cuarto, pero fuxiulles a vitoria nos dous seguintes

Foto: @GranCanariaCB
G24.gal 15/04/2023 23:05

O Breogán perdeu na difícil pista do Gran Canaria, nun partido en que marchou por diante ao remate do primeiro cuarto pero, cunha reacción local nos dous seguintes, quedou sen opcións de vitoria. Foi sobre todo o 23-11 rexistrado no terceiro período o que fixo imposible a vitoria final. 

Brussino, con 21 puntos, foi a arma executora dos locais, perfectamente escoltado por Shurna, con 8 puntos e 18 de valoración. Polo bando galego, Happ anotou 13 puntos pero sumou 24 de valoración. Non abondou, o Breogán volve das Canarias coas súas 13 vitorias, que non lle abondan para asaltar a oitava praza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos