Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán buscará rencontrarse coa vitoria logo de dúas prórrogas perdidas

O Breogán buscará rencontrarse coa vitoria logo de dúas prórrogas perdidas

Sergi Quintela analiza o estado do equipo antes da visita mañá do Valencia

G24.gal 14/10/2023 13:19

O Breogán volve o Pazo coa intención de recuperarse animicamente das dúas últimas derrotas consecutivas na prórroga. Malia todo, un dos seus abandeirados, Sergi Quintela, é optimista: "Pelexamos moi ben os dous partidos, pero si que é certo que perder os dous encontros na prórroga logo de forzar nós o empate é un pouco máis duro, pero creo que si o equipo consegue ter a fortaleza mental que está a amosar, estamos nunha boa liña e van chegar as vitorias".

Sergi recoñece que o equipo fixo autocrítica á hora de analizar os motivos polos que perderon os dous partidos cando dispuxeron da última posesión para gañar: "Creo que as dúas xogadas remataron como nós queríamos, cun tiro liberado, unhas veces entran, outras non, pero o que temos que pensar é tentar non chegar á ultima posesión co partido empatado"

O rival será un Valencia Básquet que gañou os cinco últimos partidos oficiais que disputou, tres de Liga e dous de Euroliga. "Está xogando a un nivel moi alto, creo que nas oficinas movéronse moi ben para fortalecer as posicións nas que frouxeaba o ano pasado e creo que están nun momento moi bo"

O encontro contará ademais co aliciente de ver a estrea da nova fichaxe breoganista Conner Frankamp.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos