O Breogán apura as opcións europeas contra o Gran Canaria, rival da estrea de Luis Casimiro
O técnico collera entón o equipo lugués como pechacancelas, e protagonizou unha gran remonta
O Breogán despídese mañá do Pazo (17:00 h)
O Leyma xoga hoxe en Murcia (20:45 h) xa descendido
O Leyma Coruña continúa a despedirse da ACB con chamamentos a profesionalidade. Para as dúas xornadas que faltan, Diego Epifanio busca deixar unha boa imaxe, comezando polo encontro desta tarde en Murcia. O técnico ten un obxectivo claro.
Con todo, e dentro da rumoroloxía en que está envolto, o adestrador burgalés non aclara o seu futuro.
Mentres tanto, o Breogán recibe mañá as cinco o Gran Canaria co recordo presente da vitoria na primeira volta na estrea de Luis Casimiro co equipo de pechacancelas.
Coa permanencia asegurada desde hai varias, semanas, Casimiro recoñece que lle está a custar motivar os xogadores nesta recta final.
Europa é agora o grande obxectivo breoganista.