Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán gaña a guerra contra un Murcia que denuncia ataques e insultos

O Breogán gaña a guerra contra un Murcia que denuncia ataques e insultos

O Murcia enviará unha queixa formal á ACB por insultos e ataques en Lugo

G24.gal 31/10/2021 19:25

Dicía Paco Olmos que o UCAM Murcia era o equipo máis duro da ACB. Non se trabucaba. Nun partido maratoniano que durou máis de dúas horas e media o Breogán acadou a vitoria (94-89). 

O partido comezou moi ben para o equipo lucense cun 23-17 cun gran acerto de Mahalbasic. No segundo cuarto mantívose a igualdade e a intensidade. Apareceu Musa e levou ao Breo por diante no marcador (43-37). 

No terceiro cuarto comezou a guerra. Unha descalificante a Rojas con varias antideportivas por unha acción brutal enrareceu o partido. Houbo 55 faltas persoais no partido e interrupcións constantes. Ao final do terceiro cuarto o resultado era de 70-65. No último repetiuse o guión. Kalinoski liderou o ataque do Breogán que acabou colleitando un triunfo moi traballado. 

Este luns soubemos que o Murcia enviará unha queixa formal á ACB por insultos e ataques en Lugo

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade