Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Breogán anuncia a creación dunha bancada de animación
Tito Díaz, director xeral do club, falou en conferencia de prensa
                            G24.gal
                        
                            13/07/2023 15:47
                        
                        
                        
                        
                    
                    Nunha temporada tan especial co regreso á competición europea, tres partidos garantidos no Pazo, a campaña de abonados pensa nos afeccionados. Haberá prezos accesibles e unha novidade, a creación dunha bancada de animación.
O club, premiado pola Liga Endesa como a mellor afección, engadirá unha nova bancada de animación onde se fusionarán as peñas Breogán e Embreogados. Resalta Tito Díaz como a liga lle sinala que "os partidos no Pazo son unha festa do baloncesto".
Tamén explicou como se adaptarán a competir na Champions Basketball League, pois sustituirán os adestramentos por partidos. O lucense afirma que aceptan o reto europeo e "agardan estar á altura".