Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breo, a pola quinta vitoria da temporada no Pazo

O Breo, a pola quinta vitoria da temporada no Pazo

G24.gal 06/11/2021 14:26

Gañar na pista do Real Madrid non está ao alcance de calquera. De feito, nesta temporada só o logrou un, na ACB e na Euroliga. Ese é o Gran Canaria, un equipo no que o brillo individual languidece diante da colectividade. Un rival de coidado no Pazo.

Paco Olmos: "Teñen unha batería de moita calidade, a empresa é moi complicada pero sempre buscamos a nosa posibilidade".

E a posibilidade do Breogán segundo o seu adestrador pasa pola defensa e por manter a actitude reboteadora de hai unha semana fronte a Murcia. Paco Olmos contará con todos os seus efectivos e cun Pazo efervescente para lograr a quinta vitoria da temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar