Cargando resultados...
O Real Madrid pagará 103 millóns ao Dortmund pola fichaxe de Jude Bellingham
O Real Madrid pagará 103 millóns ao Dortmund pola fichaxe de Jude Bellingham
A operación, a segunda máis cara do club branco tras a de Eden Hazard, contempla tamén ata un 30% en variables polo centrocampista inglés
G24.gal
07/06/2023 16:34
Última actualización 07/06/2023 18:19
O Borussia Dortmund anunciou este mércores o traspaso do seu xogador, o centrocampista inglés Jude Bellingham ao Real Madrid a cambio de 103 millóns de euros fixos máis un 30 % do traspaso en variables.
A operación, a segunda máis cara do club branco tras a de Eden Hazard, contempla tamén ata un 30% en variables polo centrocampista inglés.
Bellingham chega ao Real Madrid tras ser unha peza fundamental no Borussia Dortmund, club co que marcou 24 goles e repartiu 25 asistencias nos 132 partidos que disputou.
O xogador de 19 anos, fai 20 o 29 de xuño, firma para o próximas seis tempadas polo conxunto branco.