Publicador de contidos

Publicador de contidos

O boleto premiado co Millón no Euromillóns deste martes foi validado na Coruña

O boleto premiado co Millón no Euromillóns deste martes foi validado na Coruña

"Non se sabe a quen lle tocou e supoño que non se saberá, porque esas cousas á xente dálle vergoña dicilo", di a propietaria da libraría onde se vendeu o boleto

Imaxe deste xoves do despacho de lotería que rexenta Carla Guijarro no barrio coruñés do Peruleiro
G24.gal 17/07/2025 14:03

A librería que leva o nome do barrio coruñés do Peruleiro é de onde saíu o boleto do Millón no sorteo de Euromillóns deste martes. Caeu na combinación RFB49111, o que supón un premio neto de algo máis de 800.000 euros. A propietaria deste despacho de lotería destaca a importancia, pero arrinca lembrando un moi superior que deron seus pais hai 24 anos:

"Levamos varios premios, en pesetas 840 millóns en 2001. Tamén de 60.000, 70.000, ou 100.000 algúns premios, pero este é bastante grande, a verdade", di Carla Guijarro, propietaria da librería.

De feito, é o máis grande outorgado no Euromillóns do día 15 en que non hai acertantes de primeira categoría e de segunda, só hai un, pero fóra de España. Como era de esperar, non hai noticias da persoa que posúe o boleto do Millón.

"De momento non se sabe nada. Non se sabe a quen lle tocou e supoño que non se saberá, porque esas cousas á xente dálle vergoña dicilo.  
Xoga moita xente do barrio, pero tamén moita que vai cara á praia, para o centro. É unha rúa de paso", sinala Carla.

E mentres segue chegando clientela validar apostas. Unha delas, Silvia: "Eu son a flamante gañadora do premio de hoxe da Primitiva, do que se vai sortear esta noite. Poden volver mañá para gravarme mañá. Teño confianza plena".

- Fina, que faría vostede se lle toca un millón de euros? -"Vivir a vida e repartilo cos meus fillos".

"Un millón de euros? Pois, seguiría traballando", di Pierre, que engade que a idade é determinante para considerar se un millón dá para deixar o traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade