Revisar ou non a lotería, superstición ou falta de confianza na sorte?
O debate está entre os que o luns a primeira hora revisan os seus boletos e os que nin os miran ata semanas despois
Calquera querería estar no pel da muller da Coruña que foi comprobar o seu boleto e descubriu que hai semanas gañara un millóns de euros. O debate está na rúa: "Xamais me pasaría iso porque todos os luns veño aquí a Juan a que me mire o boleto e nunca me toca nada". "Revísoa sempre, o mesmo día, incluso"; "Si, si, eu veño ademais ao mesmo sitio sempre". Son algúns dos comentarios ás portas dunha administración de lotaría de Vigo.
Ben sexa por descoido ou por falta de confianza, o caso desta gañador por sorpresa non é para nada illado. Nun establecemento da Porta do Sol están acostumados a dar moitísimos premios e non é a primeira vez que lles ocorre algo así. O seu responsable, Juan Fernández, conta que lle pasou algo similar: "Un código de Euromillóns que tamén lle pasou iso e verificamos que tiña ese premio. O segundo e outros varios que dimos aquí de 43.000, 55.0000 euros. Outro que chegou pola porta e dixémoslle que tiña 88.000 euros, que tiña que ir ao banco, e a impresión é moi forte".
Xogamos coa sorte, e hai moitos aos que os boletos lles ferven na carteira á hora de revisalos. Pero tamén hai escépticos, ou xente para os que a sorpresa sería maiúscula porque non contan con gañar nada. Algúns son moi claros: "Home, a min pillaríame por sorpresa, porque non son de moito xogo" ou "non adoito xogar á lotaría, así que ese tipo de sorte non me tocaría. Outra igual si, pero esa non".
E para anécdotas, as que pode contar Juan, veterano no repartimento de millóns: "A incidencia mais grande tívena hai moitos anos noutro establecemento que tiña na rúa Príncipe e o señor quedou branco, branco e parado, e tivemos que chamar ao 061 porque quedou... Deunos un susto... e ao pouco reaccionou e dixo que ía ao banco... E nunca máis".