Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG recolle sinaturas para esixir ao Goberno o arranxo de estradas nacionais en Lugo

O BNG recolle sinaturas para esixir ao Goberno o arranxo de estradas nacionais en Lugo

"Imos continuar reclamando que haxa un plan adecuado de mantemento e que haxa actuacións urxentes", di o deputado nacionalista Néstor Rego

G24.gal 16/04/2024 14:09

O BNG iniciou unha recollida de sinaturas para reclamarlle ao Goberno que arranxe as estradas nacionais en Lugo. O deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, acompañado de concelleiros de varios municipios afectados, presentou a campaña en Guntín.

Alí denunciou o mal estado da N-540, e advertiu que a falta de mantemento desta e outras vías supón un risco para condutores e veciños.

"Con estes actos na comarca de Lugo centro e Lugo sur, coa recollida de sinaturas e coa e actuación nas institucións en que temos presenza, imos continuar reclamando que haxa un plan adecuado de mantemento e que haxa actuacións urxentes como a que se precisa nesta N-540", asegurou Rego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade