Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG reclama un novo modelo de atención ás persoas maiores

O BNG reclama un novo modelo de atención ás persoas maiores

Un modelo baseado na creación de máis residencias públicas, de menor tamaño e cunha atención máis personalizada

G24.gal 22/06/2022 14:38

O BNG reclama un novo modelo de atención ás persoas maiores. Nunha visita á residencia de Ribadeo, a portavoz nacional, Ana Pontón, dixo que se necesitan máis centros públicos e de menor tamaño. E defendeu para eles unha xestión máis personalizada.

 "Apostamos porque haxa un maior número de residencias públicas que permitan algo que en Ribadeo xa é posible, que teñas unha residencia o máis próximo da túa casa e cubrir o importante déficit de prazas públicas, neste momento máis dun milleiro de persoas agardan por unha residencia pública neste país", dixo Ana Pontón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade