Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG pide reforzar a contratación de recursos na loita contra os incendios

O BNG pide reforzar a contratación de recursos na loita contra os incendios

A deputada Noa Presas asegurou que os convenios con municipios non estaban asinados

G24.gal 05/08/2022 17:30

O BNG reclama un "esforzo da contratación de medios e de persoal" para a prevención e extinción de incendios forestais. A deputada Noa Presas repróchalle á Xunta non ter as tarefas feitas para afrontar a vaga de lumes das últimas semanas.

Presas afirmou que os convenios cos municipios non estaban asinados e por iso o sistema non estaba "100 % operativo". Engadiu ademais que a falta de formalización deses compromisos, en parte polo cambio na presidencia da Xunta, levou a un atraso de varios meses do operativo de prevención e extinción de incendios.

A deputada do BNG asegurou que Galicia afronta un verán difícil pola concorrencia dun terreo rural "abandonado e improdutivo" con zonas forestais "literalmente enriba das casas" nalgúns lugares e que, engadido ás altas temperaturas e a falta de chuvia, trae "problemas de abastecemento tanto o consumo humano como agrícola".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade