Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG pide cambiar criterios no repartimento de fondos para o sector do viño

O BNG pide cambiar criterios no repartimento de fondos para o sector do viño

Ana Pontón asegura que o sistema actual discrimina as adegas máis pequenas

G24.gal 20/09/2022 16:22

O BNG aposta pola creación dunha mesa do viño para axudar ao desenvolvemento do sector. Asegurouno Ana Pontón na visita que realizou á adega Pazo de Baión, en Vilanova de Arousa.

Os nacionalistas cren que hai que cambiar os criterios de repartimento dos fondos, que discriminan, din, as adegas máis pequenas.

"Para axudar ao sector, para traballar polo mantemento das castes autóctonas, para fomentar a remuda xeracional ou para incrementar a capacidade para producir, e máis no noso país, que sabemos que un dos problemas que hao as veces é o tamaño das parcelas, de feito é un elemento que dificulta a expansión deste sector", afirmou Pontón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade