Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG denuncia o desmantelamento do Hospital Comarcal de Valdeorras

O BNG denuncia o desmantelamento do Hospital Comarcal de Valdeorras

A próxima semana defenderán unha inciativa pública no Parlamento en contra do recorte de servizos

G24.gal 03/12/2021 13:11

O BNG vai defender no Parlamento unha iniciativa pública en defensa da recuperación de servizos no hospital comarcal de Valdeorras.  Ana Pontón, que esta mañá visitou o centro hospitalario, considera que se está a desmantelar o hospital que presta servizo a 33.000 habitantes da comarca.

"Basta xa de eliminar servizos neste hospital porque é evidente que así se deteriora a sanidade, rompendo cun principio básico que é que a sanidade ten que ser o máis próximo á cidadanía e Valdeorras está onde está e as comunicacións son as que son", dixo a voceira nacional do BNG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade