Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Betis B-Pontevedra xogarase no Benito Villamarín o domingo ás 19:00 horas

O Betis B-Pontevedra xogarase no Benito Villamarín o domingo ás 19:00 horas

A Federación decidiu cambiar o horario do encontro á vista da previsión de calor na cidade de Sevilla

O partido poderá verse pola G2

G24.gal 23/05/2024 20:30

O Pontevedra prepara o duelo do domingo en Sevilla. Partido de ida na final polo ascenso a Primeira Federación. Os granates xogarán no Benito Villamarín e haberá cambio de hora neste partido. Un partido que ía ser as cinco da tarde e que finalmente será as sete, segundo anunciou esta tarde o club andaluz.

Poderán seguir este partido pola G2. O Pontevedra xogará nun estadio de Primeira División e con máis público do agardado, xa que o Betis abrirá as portas nunha das bancadas para que todos os béticos que queiran poidan ver o partido. Yelko Pino cre que os nervios poden pasar factura ao filial bético pola xuventude dos seus xogadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar