Cargando resultados...
O Bergantiños remata a súa peor semana cunha derrota
O Valladolid Promesas gañou en Carballo e castigou o equipo galego coa terceira derrota en sete días
G24.gal
02/10/2022 19:10
O Bergantiños rematou a súa peor semana coa terceira derrota consecutiva. En liga caeu diante do Palencia e co Valladolid Promesas e na Copa RFEF perdeu co Zamora.
O Valladolid Promesas chegaba nunha gran serie de resultados logo dos triunfos contra o Polvorín, Zamora e Coruxo. Fixo un partido sólido e aproveitou unha cabezada do central Víctor Rofino mediado o segundo tempo.
O Bergantiños tentouno de todos os xeitos, moveu na segunda parte as pezas en ataque... pero non tivo tino nas poucas ocasións claras que xerou.