Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Unión Deportiva Ourense garante unha praza na fase de ascenso

A Unión Deportiva Ourense garante unha praza na fase de ascenso

O triunfo no campo do Bergantiños (1-3) mantén o terceiro posto e aspira á segunda praza na derradeira xornada

O Coruxo tamén mantén opcións de xogar a fase malia o empate no campo do Lealtad

A derrota da Sarriana no tempo engadido déixao case descendido a Terceira RFEF

G24.gal 26/04/2026 14:39

A Unión Deportiva Ourense gañou en Carballo (1-3) e xogará a fase de ascenso a Primeira RFEF. Mantén a terceira praza e pode aspirar ao segundo posto que ocupa o Oviedo Vetusta. Tivo que remontar o equipo de Borja Fernández o tanto inicial de Tass pero cos goles de Puíme, Manu Núñez e Champi de penalti provocou o delirio dos afeccionados que se achegaron desde Ourense ata Carballo. 

Para a derradeira xornada quedan dous postos de play off en xogo. Parten con vantaxe a Segoviana e o Numancia pero o Coruxo terá posibilidades despois do empate (2-2) no campo do Lealtad. O equipo vigués está a un punto do Numancia. 

Na pelexa por evitar o descenso só unha milagre salvaría a Sarriana. A derrota no campo do Astorga cun gol nos últimos minutos (1-0) fai que teña que remontar dous postos nesa derradeira xornada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos