Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Bergantiños aguanta ata o engadido en Soria (1-0)

O Bergantiños aguanta ata o engadido en Soria (1-0)

Cuarta derrota consecutiva para o equipo de Carballo diante dun Numancia que iguala a puntos co Pontevedra

G24.gal 02/02/2025 19:14

O Bergantiños aguantou ata máis alá do minuto noventa, pero acabou perdendo en Soria diante do Numancia despois dun penalti protestado no tempo engadido cometido por Manu Núñez. Sabía do complicado que era o partido o equipo de Carballo, que realizou un encontro moi serio no aspecto defensivo e mesmo inquietou a porta numantina.

O cadro soriano, que buscaba o liderado despois da derrota do Pontevedra, sufriu moito. Tivo un remate que se estrelou contra o pau pero só foi quen de superar a Canedo co penalti transformado por Jony.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos