O BCE comezará a subir os tipos de xuro un 0,25 % a partir de xullo
O Banco Central Europeo tamén anuncia a fin da compra de débeda da zona Euro
A elevada inflación condiciona as decisións do BCE que di que prevé aumentar de novo os tipos de xuro en setembro
.png)
O Banco Central Europeo (BCE) decidiu este xoves comezar a subir os tipos de xuro en 25 puntos básicos na súa reunión de xullo para frear o forte aumento da inflación pola guerra en Ucraína.
O BCE informou hoxe en Frankfurt tras a reunión do Consello de Goberno en Amsterdam de que hoxe mantivo o tipo de xuro das poxas semanais no 0 %, o da facilidade marxinal de crédito no 0,25 % e o da facilidade de depósito no -0,50 %, segundo un comunicado.
O BCE prevé aumentar os tipos de xuro de novo en setembro e que a contía deste aumento dependerá dos datos de inflación.
"Se as perspectivas de inflación a medio prazo persisten ou se deterioran, un incremento maior será apropiado na reunión de setembro", dixo a entidade nun comunicado.
O Banco Central Europeo tamén decidiu este xoves finalizar as compras de débeda pública e privada da zona do euro o 1 de xullo próximo ante esa forte suba da inflación.
O programa de compras de activos rematará e vaise reinvestir integramente o principal dos bonos adquiridos que vaian vencendo durante un período prolongado tras comezar a subir os tipos de xuro.
O BCE anunciou ademais a revisión notablemente á alza os seus prognósticos de inflación en 2022 ata o 6,8 %, despois do 5,1 % que calculara nas previsións que fixo en marzo.