Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BBVA mellora a súa oferta un 10 % para convencer os accionistas do Sabadell

O BBVA mellora a súa oferta un 10 % para convencer os accionistas do Sabadell

Ofrece unha acción do BBVA por cada 4,8376 títulos do Sabadell

Con esta mellora poñen en mans dos accionistas do Sabadell unha oferta extraordinaria, cunha valoración e un prezo históricos, segundo Carlos Torres

Os accionistas da entidade catalá teñen de prazo ata o 7 de outubro para decidir se aceptan ou non a oferta

G24.gal 22/09/2025 08:32

O Consello de Administración do BBVA decidiu mellorar a oferta polo Banco Sabadell.

Ofrece unha acción do banco (16,41 euros) por cada 4,8376 títulos do Sabadell (14,65 %), o cal supón un incremento do 10 por cento e unha prima do 1,8 %.

Previamente, o banco ofrecía unha acción nova de BBVA e 70 céntimos de euro en efectivo por cada 5,5483 títulos do banco catalán, segundo informou nun feito relevante remitido este luns á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Nun comunicado, o presidente do BBVA, Carlos Torres, destacou que con esta mellora poñen en mans dos accionistas de Banco Sabadell unha oferta extraordinaria, cunha valoración e un prezo históricos, e a oportunidade de participar do enorme valor xerado coa unión.

"Todo iso tradúcese nun forte incremento do seu beneficio por acción previsto a futuro, sempre que acudan ao troco", asegurou.

Tras o incremento da oferta, o Consello de Administración decidiu renunciar tanto a realizar novas melloras na oferta, como á posibilidade de  ampliar o prazo de aceptación.

O BBVA tiña de marxe ata este martes para mellorar a súa oferta aos accionistas do Banco Sabadell. Os accionistas da entidade catalá teñen de prazo ata o 7 de outubro para decidir se aceptan ou non a oferta de compra por parte do BBVA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos