Cargando resultados...
O Baxi quere un triunfo para ascender e converter a Malata nunha festa
O Baxi quere un triunfo para ascender e converter a Malata nunha festa
Líder destacado, só perdeu 3 partidos de 27 disputados
Foto Baxi Ferrol
G24.gal
21/03/2023 16:01
Última actualización 21/03/2023 16:12
O Baxi Ferrol é coma a Ave Fénix, capaz de renacer unha e outra vez das súas cinzas. Tras descender o ano pasado e manter só dúas xogadoras, está asinando unha temporada espectacular.
Líder destacado, só perdeu 3 partidos de 27 disputados. Faltan tres xornadas para o final da liga, o Baxi encadea 11 vitorias, a decimosegunda ten premio.
Lino López: "Esta situación era inimaxinable. É unha alegría inmesa poder facelo na casa"
Marta Gómez: "Sería a guinda perfecta. Encantaríame un pavillón cheo"
Para que a festa sexa aínda maior, o club estableceu prezos populares co fin de bater o record de asistencia a un partido da Liga Challenge. A marca está en 2.470 persoas.