O Baxi ponse en marcha coa ilusión de manter o excelente nivel das últimas campañas
As xogadoras de Lino López disputará o seu primeiro partido amigable da tempada contra o IDK Euskotren
Comeza a pretemporada o Baxi e faino coa ilusión de seguir mantendo o excelente nivel das últimas campañas. A pasada, coa disputa da Copa da Raíña e do playoff polo título, pero, sobre todo, con ese percorrido extraordinario na Eurocup.
Polo momento, o que xa conseguiu é reenganchar a máis afección que nunca desde que o OAR perdeu –e non sobre a cancha– a súa praza en ACB. E diso pasaron 30 anos.
O conxunto da cidade naval disputará o seu primeiro partido amigable da tempada, contra o IDK Euskotren, con motivo da celebración da vixésimo quinta edición do Trofeo Concello de Ferrol. Este duelo supoñerá o inicio dunha campaña que promete ser igual ou mellor que a pasada. Este domingo vivirase unha auténtica festa do baloncesto, na que todos poderán gozar de dúas dos mellores equipos da liga Feminina Endesa.