O Baxi Ferrol move ficha e incorpora a Elena Rodríguez
A perda de Bego de Santiago motiva a chegada da irmá da ex do equipo ferrolán Natalia Rodríguez
A perda por lesión de Bego de Santiago e o inminente inicio da competición oficial, compaxinando liga con Eurocup Women, propiciaron unha rápida reacción por parte do Baxi Ferrol de Lino López, que incorpora á canaria Elena Rodríguez (22 anos) ás súas filas.
📢 ¡Nuevo fichaje!
— Baxi Ferrol (@UniFerrol) October 1, 2025
Elena Rodríguez se incorpora al Baxi Ferrol 💙🏀
Con experiencia en la NCAA (Harvard) y gran proyección internacional, llega para aportar talento, energía.
Bienvenida Elena! pic.twitter.com/GuXulFXFgT
"Chega para achegar talento e enerxía", indica o club que pescou en caladoiro coñecido por ser a interior irmá da ex-xogadora do cadro naval Natalia Rodríguez.
A xogadora, que asinara un contrato temporal ata novembro co Valencia Basket tras concluír os seus estudos en Harvard e ser a primeira española en xogar e graduarse na prestixiosa universidade, resolve así a fenda que deixou o anuncio do adeus ao curso de Bego de Santiago.
Con 1,88 de altura, vén de alzarse co título da Ivy League da NCAA. Ademais, Elena foi internacional nas categorías inferiores da selección española e medalla de bronce Campionato Europeo FIBA U16.