Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol inicia a Liga derrotando ao Valencia, actual campión (71-65)

O Baxi Ferrol inicia a Liga derrotando ao Valencia, actual campión (71-65)

O Ensino non puido emular ás ferrolás, e caeu na pista do Zaragoza, campión da Supercopa (83-69)

Foto: universitarioferrol.org
G24.gal 05/10/2025 10:59

Que comezo de temporada do Baxi Ferrol. Superou na Malata o Valencia Basket, o actual campión de liga.

Malia as cinco incorporacións e malia que a capitá Gala Mestres non xogou nin un só minuto, as de Lino López saíron moi fortes. 22-8 no primeiro cuarto e 40-22 no descanso. Apertaron as visitantes no derradeiro cuarto, chegaron a poñerse a catro pero o Baxi soubo xestionar eses últimos intres.

Daniels, unha das novas, foi a máxima anotadora do Baxi con 17 puntos. 13 achegou Joiner e 12 Blanca Millán. No Valencia, Raquel Carrera rematou con 13 puntos e María Araújo con catro. 
 

E non puido comezar con vitoria o Ensino, que non ten os mesmos obxectivos co Zaragoza. As galegas caeron ante o actual campión da Supercopa. Comezaron ben, chegaron a ter 6 puntos de vantaxe pero un parcial de 10-0 no segundo cuarto rematou coas opcións de vitoria. A ex do Ensino Merrit Hempe liderou o Zaragoza con 9 puntos neses segundos dez minutos. Rematou con 17, a máxima anotadora das locais. A mellor do partido foi Lidya Giomi, 24 puntos, 8 rebotes e 27 de valoración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade